xoves, 9 de xullo de 2015

Banco de libros alternativo

O día 23 de xullo de 10 a 13:30, no IES de Brión poderán recoller  libros os/as que non recolleron

xoves, 2 de xullo de 2015

1º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN

 Lingua castelá Lengua y Literatura 1 (volume único) Anaya 2015 978-84-678-5069-7

 Francés Essentiel et plus 1 + Cahier D´Exercices Santillana 2011 978-84-96597-03-7

Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO Anaya 2015 978-84-678-5181-6

Xeografía e Historia Xeografía e Historia Vicens Vives 978-84-682-3121-1

 Matemáticas Matemáticas J.Colera, I. Gaztelu, R. Colera Anaya 2015

 Lingua Galega Lingua e Literatura Galega Xerais 2011 978-84-9914-217-3

 Inglés English in Use Student´s Book 1 Burlington Books 978-9963-48-915-2

2º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN

Lingua castelá Lengua y Literatura 2 (volume único) Anaya 2012 978-84-678-2201-4

 Francés Essentil et Plus 2 + Cahier D’Exercices Santillana 2011 978-84-92729-23-4

 Ciencias da Natureza Ciencias da Natureza Anaya 2012 978-84-678-2376-9

 Ciencias Sociais Novo Cabo Fisterra (volume único) Vicens Vives 2012 978-84-682-0926-5

Matemáticas J.Colera, I. Gaztelu (3 volumes) Anaya 2012 978-84-678-0223-8

 Lingua Galega Lingua e Literatura Galega Xerais 2012 978-84-9914-359-0

Tecnoloxías Tecnologías I Oxford Proyecto Adarve 978-84-673-5242-9

Inglés English World ESO2 Students Book Burlington 9789963484867

3º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN

 Física e Química Física y Química 3 J.M. Vilchez, A.Mª. Morales, S. Zubiarre Anaya 2015

 Lingua castelá Lengua y Literatura 3 (libro completo) Anaya 2015

 Francés Essentiel et Plus 3 + Cahier D’Exercices Santillana 2010 978-84-92729-26-5

 Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía e Xeoloxía 3 Anaya 2015 978-84-678-5334-6

 Xeografía e Historia Xeografía e Historia Vicens Vives 978-84-682-3043-6

 Matemáticas Académicas Matemáticas orientadas a las enseñanzas académicas Joaquín H. Fernando Alcaide, Esteban Serrano,Mª Moreno, A.Pérez SM 2015

 Matemáticas Aplicadas Matemáticas orientadas a las enseñanzas aplicadas Joaquín H. Fernando Alcaide, Esteban Serrano,Mª Moreno, A.Pérez SM 2015

Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura Galega Xerais 2011 978-84-9914-218-0

Tecnoloxías Proxecto Inicia Dual Oxford 2015

Inglés English in Use Student's Book 3 Burlington Books 978-9963-51-467-0

4º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN


 Física e Química Física y Química Oxford Proyecto Adarve 978-84-673-7018-8

 Lingua Castelá e Literatura Lengua y Literatura 4 (volume único Anaya.2012 978-84-678-2401-8

Francés Essentiel Et Plus 4 + Cahier D’Exercices Santillana 2010 978-84-92729-29-6

Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía e Xeoloxía 4 Anaya 2012 978-84-678-2603-6

Ciencias Sociais Novo Cabo Fisterra (volume único) Vicens Vives 2012 978-84-682-0810-7

Matemáticas Matemáticas-Pitágoras (Vizmanos, Alcaide, Serrano, Moreno) SM 2011 978-84-675-4845-7

 Lingua Galega e Literatura Lingua e Literatura Galega Xerais 2012 97884-9914-378-1

 Tecnoloxías Tecnología 4º ESO Oxford Proyecto Adarve 978-84-673-5769-1

 Inglés English World - ESO4 Students Book + Workbook Burlington 9789963485048 9789963485055

1º BACHARELATO – LIBROS DE TEXTO - CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN

 Física e Química Porase en Setembro

Lingua Castelá e Literatura I Lengua y Literatura Bach 1 Anaya 978-84-678-2685-2

Francés Metro Saint-Michel1 + Cahier D’Exercices Santillana 2010 978-84-96597-42-6

Bioloxía e Xeoloxía Bioloxía e Xeoloxía 1 Bacharelato SM 2015 978-84-9854-521-0

 Hª Mundo Contemporáneo Historia do Mundo Contemporáneo Vicens Vives 978-84-682-3126-6

Lingua Galega e Literatura Lingua Galega e Literatura Anaya 2008 978-84-667-7359-1

Debuxo Técnico I Dibujo Técnico I César Calabera, Isabel Jiménez Paraninfo 978-84-9732-808-1

Inglés English in Use student´s book 3 Burlington Books 978-9963-51-467-0

Economía Economía Edelvives 978-84-263-9962-5

2º BACHARELATO – LIBROS DE TEXTO- CURSO 2015/2016

MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN

 Física Bachillerato 2 Anaya 2009 978-84-667-8263-0

 Química Bachillerato 2 Anaya 2009 976-84-667-8267-8

 Lengua y Literatura Anaya 2009 978-84-667-8246-3

 Francés Métro Saint Michel 2 + Cahier D’Exercices Santillana 2010 978-84-96597-42-6

 Bioloxía 2 Santillana 2009 978-84-8224-871-4

  Historia de España (recomendado) Vicens Vives 2009 84-316-9259-9

  Historia da Arte (recomendado) Vicens Vives 2009 978-84-316-6924-9

Xeografía (recomendado) Anaya 978-84-678-1078-3

Lingua Galega e Literatura Anaya 2009 978-84-667-8307-1

 Debuxo Técnico II Rodeira-Edebé 2003 84-8116-903-X

  Tecnología Industrial II McGraw -Hill 8448198697

Inglés Over to you 2 Students Book Oxford 9780194326766

luns, 22 de xuño de 2015

AVISO IMPORTANTE: BANCO DE LIBROS

Estimadas familias:
 A ANPA vai poñer en marcha novamente, o BANCO DE LIBROS para poder desfrutalo no curso 2015-2016. 

A finalidade é que a maior parte das familias entreguedes os libros utilizados no actual curso polos vosos fillos e fillas, é dicir todos aqueles que xa non van precisar no seguinte, e a cambio poder recibir ao menos parte dos libros do próximo cursos de xeito gratuíto. 

Este banco é independente do Fondo Solidario do IES, polo tanto todos os libros comprados co cheque o ano pasado non poden depositarse no Banco de Libros da ANPA, e serán depositados no Fondo solidario do IES.

 Se se da o caso de ter libros comprados sen o cheque poderedes depositalos no noso banco.

 Recordade que os libros que levastes o ano pasado do noso Banco haberá que entregalos de novo no Banco da ANPA. 

Os nenos e nenas de primeiro da ESO poderán beneficiarse do banco de libros, simplemente anotándose no lugar de recollida
 A recollida de libros vaise realizar no IES de Brión: 

Día 26 de xuño pola mañá en horario de 10 a 13:30 nos locais da ANPA.
 Día 29 de xuño pola mañán de 10 a 1 pola tarde de 4 ás 6. 


As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (débense entregar enteiros e limpos: borrados, con typex...e non se aceptarán os que veñan en malas condicións). 

Darásevos un recibo xustificativo.

 A entrega dos libros será (IES de brión): Os días 1, 2, e 3 de xullo, en horario de mañá de 10 a 2 nos locais da ANPA. 

Esta engrega será proporcional pero non necesariamente equivalente, pois sempre dependerá do que se consiga recoller no curso precedente.
 No mes de setembro avisaremos dos días de recollida de libros para todos aqueles alumnos con materias pendentes.
 A día de hoxe non sabemos aínda se se van cambiar os libros de primeiro e terceiro de ESO.
 Cando teñamos este dato informaremos do asunto.
 As persoas que teñan dificultade para entrega os libros nas datas previstas, poderán facelo ata o 30 de xuño concertando a entrega a través do teléfono 699364560 /670227646. 
Os que queiran participar nas tarefas de recollida poden anotarse a través destes teléfonos. 

Agradecemos esta axuda.
 Presidenta de ANPA PedraViada de Brión
 Mónica Figueiras Núnez

venres, 27 de marzo de 2015

A nosa vida...en positivo?!!



Esta actividade está organizada polo Equipo comunitario de Fontiñas e dirixida especialmente a nenos e nenas de 6º de primaria e da ESO. Debe confirmarse asistencia no mail:
ise@santiagodecompostela.org
Javier Urra é psicólogo forense na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e Xuzgados de Menores de Madrid, foi Defensor do Menor na Comunidade de Madrid e é autor de obras como "educar con sentido común" ou "El arte de educar".
O 21 de Abril as 17 horas, no Pazo de Congresos.

venres, 13 de febreiro de 2015

“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones”

“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
21 de febreiro de 2015
Inscrición ata o 19 de febreiroxornadas.igualdade@xunta.es
tlf: 981 520 090
A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico adaptados á idade de referencia entre 9 e 13 anos dos nenos e nenas. As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo.
A capacidade é limitada polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Comenza a actividade de teatro!!!

Mañan venres as 6 da tarde comenza a actividade de TEATRO, no Polivalente. Aínda queda algunha praza libre, asi que si alguén quere apuntarse que non o dubide e pase mañan as 6 polo Polivalente e se apunta.
Animádevos!!!!
 — en Centro Social Polivalente de Brión. 

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Cambio de data na actividade de TEATRO

Ola a tod@s, por circunstancias alleas a nosa vontade hai un cambio de data na actividade de teatro, MAÑAN NON HAI actividade, comenzará o próximo VENRES 23. Grazas, e perdón polas molestias

venres, 9 de xaneiro de 2015

ACTIVIDADE DE TEATRO

Brión 9/01/2015

Prezadas nais e pais,

Como vén sendo habitual nos últimos anos, en xaneiro bota a andar a actividade de Teatro organizada pola Anpa Pedra Viada. Este ano leva por título “O teatro como xogo e ferramenta de expresión”, e será impartida por Lois Blanco Arauxo, veciño de Brión, que estudou Comunicación Audiovisual e Dirección de Escena e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

A idea é mesturar exercicios teatrais cun proceso de creación a partir dos materiais que o grupo vaia xerando. Inicialmente, a proposta é utilizar a primeira hora de traballo para exercicios teatrais de diferente índole e a segunda para desenvolver o proceso de creación grupal.

A actividade comezará o 16 de xaneiro e desenvolverase todos os venres até o mes de maio, de 17 a 19 horas, no local de ensaio do grupo de Teatro Os Quinquilláns, en Lamiño 53, pois este ano non podemos dispor do local que o Concello nos prestaba en anos anteriores. Está pensada para un máximo de 15 persoas e un mínimo de 8 e só se realizará se conseguimos xuntar ese número de persoas. O seu custo é de 40 €.

Poden inscribirse a través do correo electrónico anpaiesbrion@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 699364560. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Un cordial saúdo,

Directiva ANPA PEDRA VIADA IES de BRIÓN
__________________________