xoves, 22 de xaneiro de 2015

Comenza a actividade de teatro!!!

Mañan venres as 6 da tarde comenza a actividade de TEATRO, no Polivalente. Aínda queda algunha praza libre, asi que si alguén quere apuntarse que non o dubide e pase mañan as 6 polo Polivalente e se apunta.
Animádevos!!!!
 — en Centro Social Polivalente de Brión. 

xoves, 15 de xaneiro de 2015

Cambio de data na actividade de TEATRO

Ola a tod@s, por circunstancias alleas a nosa vontade hai un cambio de data na actividade de teatro, MAÑAN NON HAI actividade, comenzará o próximo VENRES 23. Grazas, e perdón polas molestias

venres, 9 de xaneiro de 2015

ACTIVIDADE DE TEATRO

Brión 9/01/2015

Prezadas nais e pais,

Como vén sendo habitual nos últimos anos, en xaneiro bota a andar a actividade de Teatro organizada pola Anpa Pedra Viada. Este ano leva por título “O teatro como xogo e ferramenta de expresión”, e será impartida por Lois Blanco Arauxo, veciño de Brión, que estudou Comunicación Audiovisual e Dirección de Escena e Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

A idea é mesturar exercicios teatrais cun proceso de creación a partir dos materiais que o grupo vaia xerando. Inicialmente, a proposta é utilizar a primeira hora de traballo para exercicios teatrais de diferente índole e a segunda para desenvolver o proceso de creación grupal.

A actividade comezará o 16 de xaneiro e desenvolverase todos os venres até o mes de maio, de 17 a 19 horas, no local de ensaio do grupo de Teatro Os Quinquilláns, en Lamiño 53, pois este ano non podemos dispor do local que o Concello nos prestaba en anos anteriores. Está pensada para un máximo de 15 persoas e un mínimo de 8 e só se realizará se conseguimos xuntar ese número de persoas. O seu custo é de 40 €.

Poden inscribirse a través do correo electrónico anpaiesbrion@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 699364560. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Un cordial saúdo,

Directiva ANPA PEDRA VIADA IES de BRIÓN
__________________________