martes, 14 de outubro de 2014

Critican o oscurantismo sobre a nena que morreu ao tocar unha farola en Santiago


A Asociación de Nais e Pais de alumnas e alumnos do IES de Brión, ANPA PEDRA VIADA, e a Federación de ANPAS de Compostela convocan unha concentración en Compostela este martes para presionar ás administracións no esclarecemento do caso. Pensan que houbo oscurantismo e falta de información.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2014
  •  
  •  
  • menéame 
  • Chuzar 
  • Do Melhor 
  • Cabozo 
  • del.icio.us
Hai un mes morría Anna Nieto Lago, alumna do IES Brión, nun parque publico da cidade de Santiago ao agarrarse a unha farola pública durante as festas de Vite. Uns feitos polos que a Asociación de Nais e Pais de alumnas e alumnos do IES de Brión,  ANPA PEDRA VIADA, e a Federación de ANPAS de Compostela  denuncian a falta de información sobre este caso e amosan publicamente o seu apoio e solidariedade coa familia da moza falecida.
 
Por iso, e para esclarecer o acontecido, piden un informe detallado dos feitos que ocasionaron a morte da cativa. “Requírese  unha  explicación técnica detallada referida ás causas reais que provocaron a traxedia, na que se detalle tamén o dispositivo de seguridade asignado para a festa, así como a achega dos permisos necesarios para a celebración do evento e información  dos servizos médicos que se desprazaron ao lugar, detallando unidades, persoal cualificado, horarios ou dificultades coas que se encontraron para acceder ao lugar da traxedia”, apuntan  nun comunicado.
 
Tamén piden que se informen a cidadanía sobre o estado actual da iluminación das rúas e demais espazos públicos da cidade e  garantan o dereito a circular por eles sen medo a sufrir un accidente como o que lle custou a vida a Anna Nieto.
 
Ademais, reclaman “que velen polo cumprimento estrito da lei en materia de seguridade nos eventos que se organicen na cidade, así como a súa modificación se, coa investigación posta en marcha, se comprobase que é insuficiente”. Finalmente, reclaman que a familia e os seus representantes legais sexan informados puntualmente de todos os avances que se produzan na investigación.
 
Estes colectivos tamén esixen a “depuración de responsabilidades” de non aclararse estas peticións ou de demostrarse deficiencias no mantemento da iluminación ou falta de previsión nas normas de seguridade do evento.
 
Por iso, convocan á comunidade educativa da comarca de Compostela e a cidadanía en xeral a un acto público este martes ás 19 horas no parque Pablo Iglesias no barrio de Guadalupe en Santiago de Compostela para insistir nestas demandas.

luns, 13 de outubro de 2014

Padres de compañeros de la joven fallecida en Santiago por una descarga piden "información detallada" del accidente


La Asociación de Padres y Madres de Alumnos del IES de Brión y y la Federación de Anpas de Compostela han criticado la "falta de información" existente sobre las causas del accidente y "las medidas adoptadas para evitar que se repita"

SANTIAGO. E.P.  | 09.54h.
A- A+

La Asociación de Padres y Madres de Alumnos del IES de Brión, en el que estudiaba la joven fallecida en Santiago por la descarga producida por una farola, y la Federación de Anpas de Compostela, han pedido "información detallada" de las causas del accidente así como sobre el estado de la red eléctrica de Compostela. 

En un comunicado cuando está a punto de cumplirse un mes del fallecimiento de la joven, de 14 años, los padres de los compañeros de la víctima han criticado la "falta de información" existente sobre las causas del accidente y "las medidas adoptadas para evitar que se repita". 

Por ello, han pedido a las autoridades un "informe detallado" de los hechos que ocasionaron la muerte de la joven, del dispositivo de seguridad asignado para la fiesta en la que falleció, de los permisos otorgados y del personal sanitario y de emergencias que se desplazó al lugar, incluyendo las "dificultades que se encontraron para acceder al lugar de la tragedia". 

Al mismo tiempo, reclaman que se informe a la ciudadanía sobre el estado actual de la iluminación de las calles en la ciudad y se garantice "el derecho a circular por ellos sin miedo a sufrir un accidente" 

"De no aclararse los extremos expuestos o de demostrarse deficiencias en el mantenimiento de la iluminación o falta de previsión en las normas de seguridad del evento, reclamaremos la depuración de responsabilidades", han expresado. 

Finalmente, el Anpa ha convocado a la comunidad educativa de la comarca de Santiago y a la ciudadanía en general a un acto público en memoria de la joven fallecida, que tendrá lugar el martes 14 a las 19.00 horas en el Parque Pablo Iglesias.

xoves, 9 de outubro de 2014

CONCENTRACIÓN EN LEMBRANZA DA ALUMNA DO IES DE BRIÓN

MARTES, 14 OUTUBRO 19:00 horas


CONCENTRACIÓN
NO
PARQUE “PABLO IGLESIAS”
Do barrio da GUADALUPE
(Vite)
SANTIAGO
EN LEMBRANZA DA ALUMNA DO IES DE BRIÓN, CANDO SE CUMPRE UN MES DO SEU PASAMENTO, E DE APOIO Á SÚA FAMILIA.

Organiza: ANPA “Pedra Viada” do IES de Brión
Co apoio da Federación de ANPAS de Compostela


RESUMO DO QUE SE FALOU NA ASAMBLEA DA ANPA (Martes 7 de outubro)



  • Recordo de Anna Nieto; acordouse facer una concentración no lugar de Vite, ( sempre que a familia este de acordó) pedir permisos oportunos para facer esta concentración, de facerse comunicaremos día e hora.                                                                                                                             
  • Banco de libros: participaron 90 familias, (75 en xuño e 15 en setembro), aforraronse en compra de libros uns 22.500 € aproximadamente.                                                                                                    
  • Recorte de profesorado: O problema era que en 3º da ESO había 61 alumnos/as e o máximo legal por aula é de 30, motivo polo cal era necesario facer 3 terceiros, no último momento unha alumna douse de baixa no IES polo que pasaron a ser 60 alumnos en 3º ESO, entón fixeronse dous terceiros, o que é legal, pero o noso desacordo é pola masificación a que se ven sometidos os alumnos/as de terceiro ca conseguinte perda de calidade no ensino, reunímonos ca inspectora de educación, ( que moi amablemente nos atendeu) e manifestamoslle a nosa preocupación, pero comunicounos que por mor dos recortes “isto é o que hai”


  • En actividades extraescolares, iremos comunicando as que se vaian facer, pois como o instituto non abre polas tardes estamos condicionados polo que o Concello nos poida deixar usar.

domingo, 5 de outubro de 2014

Asemblea MARTES 7 de outubro ás 19:30

Prezadas/os nais e pais,

Dende a ANPA PEDRA VIADA do IES de Pedrouzos-Brión e co motivo do inicio do curso, convocamos unha asemblea con carácter ordinario para este MARTES 7 de outubro ás 19:30 na Sala de usos múltiples do IES.
ORDE DO DÍA

· Recordo de Anna Nieto, a nena do noso IES que faleceu recentemente en accidente.
· Informe do Banco de libros.
· Consecuencias dos recortes pola crise no noso IES: falta de profesorado e masificación nas aulas.
· Actividades que se van realizar durante o curso escolar.
· Rogos e preguntas.
Recibide un cordial saúdo da ANPA e LEMBRAR:
ASEMBLEA DA ANPA - PEDRA VIADA-
Martes 7 de outubro ás 7:30 na Sala de Usos Múltiples do IES.

Onde está o Goberno Galego cando se decide sobre educación ?

 (Federación de ANPAS 'Compostela')


Anda estes días a saír na prensa unha noticia desacougante: a publicación dun acordo bilateral entre o Goberno español e o Goberno vasco (http://www.lehendakaritza.ejgv.euskadi.net/r48-bopv2/es/bopv2/datos/2014/09/1404004a.shtml ) polo que se “pacta” a interpretación de varios preceptos da LOMCE, esa lei que ten a dubidosa honra de ser a lei educativa máis contestada da democracia.
O acordo acadado atinxe a diferentes aspectos da nova lei, pero fundamentalmente estamos a falar do dereito a regular integramente o ensino da propia lingua, sen que o Estado teña dereito a interferir nesa regulación toda vez que recoñece explicitamente que é competencia da administración educativa vasca; e tamén falamos do recoñecemento por parte do Goberno español do dereito que ten cada administración educativa a regular como se xestionan os Consellos Escolares, que xa non teñen porque ser consultivos segundo semellaba dispor a LOMCE, senón que terán a capacidade decisoria que lles outorgue cada unha das administracións titulares das competencias en educación.
E o desacougante desta noticia é a pregunta que nos facemos os galegos: E logo nós ?
Pois nós, coma case sempre, mirando cara a outro lado; deixando esvaerse entre os dedos toda a nosa capacidade legal, cun goberno que segue a non crer nun ensino galego e para os galegos, cuns dirixentes que fan seguidismo absoluto do que se fala na Administración Xeral do Estado; cunha normativa que quere ter como mérito o de ser idéntica á que se poida elaborar no outro extremo da península, e coa consolidación dun ataque á nosa lingua que ven dende o mesmo momento no que o actual goberno galego gañou as eleccións e pretendeu implantar aquel modelo “plurilingüista” que logo deitaron sentenzas e costumes.
Así, os nosos fillos e fillas, que poderían ter un ensino onde aprender a se compracer do propio para entendérense, que poderían gozar do privilexio de seren instruídos na propia lingua para que soubesen chamarlle polo seu nome ás súas realidades -que é o xeito de podermos logo comprender e compartir as realidades alleas-, terán novamente que estudar de acordo cunha lei que está edificada sobre outras culturas, outras realidades e outros xeitos de ver e de convivir. E iso tamén provoca parte dese fracaso escolar que a LOMCE di que ven a eliminar.
Pero é que ademais, este “Acordo” tamén recoñece que o País Vasco – e Galiza non ? – poderá ter Consellos Escolares democráticos porque van ser eles quen decidan cómo queren que sexan, como van organizar a presenza das familias na toma de decisións no ensino; mentres que nósnon temos ningunha noticia de que o noso goberno galego teña a intención de recoñecer, e lexislar en consecuencia, que as familias somos parte intocable da realidade educativa, e que a nosa presenza é tan necesaria e tan imprescindible como a da administración, o profesorado ou o alumnado.
Nós, as familias, sabemos que temos que ter voz na educación dos nosos fillos e fillas, somos a sociedade que defende xa non o dereito senón a obriga de estar presentes na construción do mundo no que van vivir os nosos descendentes, os que veñen detrás de nós; e elaborar ese mundo inclúe deseñar e definir, coas nosas opinións e cos nosos votos , cada un dos pasos dos que se compón a realidade educativa.
A Confederación ANPAS Galegas sempre rexeitou e rexeitamos a LOMCE, e sempre solicitamos  que a Xunta de Galicia debería interpor recurso diante do Tribunal Constitucional porque esta Lei está a invadir competencias que son da nosa Comunidade Autónoma; pero agora mesmo, dun xeito especial logo do coñecemento desta noticia, tamén reclamamos que o Noso goberno, o Galego, asegure xa un acordo como o que neste momento teñen no País Vasco, e que sexa dende aquí dende onde se lexisle o desenvolvemento dunha norma axeitada á nosa realidade, respectuosa e potenciadora da  nosa lingua e da nosa cultura, e que recupere valores democráticos no funcionamento dos centros escolares permanecéndonos ás  familias na presenza que ata o de agora tiñamos.

xoves, 2 de outubro de 2014

Número de conta

Este é o número de conta para os interesados en pagar a cuota da ANPA Pedra Viada do IES de Brión
ABANCA (Monte Balado): IBAN ES40 2080 0327 4330 4000 6678
Lembrade que son 10€ para o curso 2014/15 e que non vos deben cobrar ningunha comisión.