luns, 22 de xuño de 2015

AVISO IMPORTANTE: BANCO DE LIBROS

Estimadas familias:
 A ANPA vai poñer en marcha novamente, o BANCO DE LIBROS para poder desfrutalo no curso 2015-2016. 

A finalidade é que a maior parte das familias entreguedes os libros utilizados no actual curso polos vosos fillos e fillas, é dicir todos aqueles que xa non van precisar no seguinte, e a cambio poder recibir ao menos parte dos libros do próximo cursos de xeito gratuíto. 

Este banco é independente do Fondo Solidario do IES, polo tanto todos os libros comprados co cheque o ano pasado non poden depositarse no Banco de Libros da ANPA, e serán depositados no Fondo solidario do IES.

 Se se da o caso de ter libros comprados sen o cheque poderedes depositalos no noso banco.

 Recordade que os libros que levastes o ano pasado do noso Banco haberá que entregalos de novo no Banco da ANPA. 

Os nenos e nenas de primeiro da ESO poderán beneficiarse do banco de libros, simplemente anotándose no lugar de recollida
 A recollida de libros vaise realizar no IES de Brión: 

Día 26 de xuño pola mañá en horario de 10 a 13:30 nos locais da ANPA.
 Día 29 de xuño pola mañán de 10 a 1 pola tarde de 4 ás 6. 


As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (débense entregar enteiros e limpos: borrados, con typex...e non se aceptarán os que veñan en malas condicións). 

Darásevos un recibo xustificativo.

 A entrega dos libros será (IES de brión): Os días 1, 2, e 3 de xullo, en horario de mañá de 10 a 2 nos locais da ANPA. 

Esta engrega será proporcional pero non necesariamente equivalente, pois sempre dependerá do que se consiga recoller no curso precedente.
 No mes de setembro avisaremos dos días de recollida de libros para todos aqueles alumnos con materias pendentes.
 A día de hoxe non sabemos aínda se se van cambiar os libros de primeiro e terceiro de ESO.
 Cando teñamos este dato informaremos do asunto.
 As persoas que teñan dificultade para entrega os libros nas datas previstas, poderán facelo ata o 30 de xuño concertando a entrega a través do teléfono 699364560 /670227646. 
Os que queiran participar nas tarefas de recollida poden anotarse a través destes teléfonos. 

Agradecemos esta axuda.
 Presidenta de ANPA PedraViada de Brión
 Mónica Figueiras Núnez