martes, 9 de decembro de 2014

QUÉN FALARÁ A NOSA LINGUA CANDO MARCHEMOS ?

Da Federación de ANPAS Compostela:

9 Decembro, 2014

O Instituto Galego de Estatística ven de nos dar unha arrepiante noticia: só un de cada catro menores de 15 anos fala galego, e a nosa lingua vai esmorecendo arrodeada de porcentaxes que certifican a súa morte a medio prazo.
De certo que a partires deses datos han aparecer serios estudos que expliquen os porqués desta tendencia, e non é a miña intención tentar suplilos dende a subxectividade, pero non penso tampouco que esta noticia deba ficar no silencio de quen a escoitamos, senón que como galego falante – ou debera dicir como galego amante? – síntome na obriga de expresar a miña indignación, a miña rabia, a miña incomprensión a isto que nos está a ocorrer, a isto que estamos a facerlle aos nosos fillos e fillas, ás nosas netas e netos, a todos os que van estar cando nós xa non esteamos.
Eses nenos e nenas de entre catro e quince anos que xa case non falan en galego son os que están agora nas escolas e nos institutos, son os suxeitos do traballo que facemos as nais e pais que pelexamos por un ensino público de gran calidade, por un ensino que lles aprenda a vivir unha vida mellor sentida e mellor feita por eles mesmos.
E cómo é posible que ese ensino vital que lles andamos a transmitir dende a casa e dende a escola lles faga fuxir da lingua que debería aseguralos e outorgarlles firmeza e orgullo? , qué estamos a facer para que os máis novos rexeiten a transcendencia de coñecer e amar o propio, sexa o país, os costumes, ou a lingua ? . Máis aínda, cómo sobrevivirán se non teñen un lugar espiritual ao que retornar, un lugar que lles faga entendérense e apreciárense ?
Porén, é certo que arrepía unha noticia que por demais xa era coñecida; moitos de nós estamos a educar aos nosos fillos e fillas nunha lingua que logo eles non continúan, e asistimos vencidos ao retorno diario deses nenos e nenas, que marcharon falando galego ao colexio e que volven á casa falando noutra lingua. Se temos sorte, e temos creado un lugar de afecto profundo, eses nosos fillos e fillas manterán a lingua como un agasallo no seu trato con nós, na intimidade da familia, en concesión a unhas nais e pais que conservan tradicións e falas pouco actuais, pouco prácticas, pouco triunfantes; se non temos esa sorte, sen sermos por iso máis culpables, escoitaremos esoutra lingua impregnando os recunchos das nosas propias casas, e introducíndose innecesariamente nas nosas propias vidas.
Como dixen, de certo que haberá xente que explique os porqués, e mesmo que dea solucións e camiños ben ideados; non dubido de que existen e de que hai quen coñece como usalos; como tampouco dubido de que agora mesmo existe xente, xa agora con poder abondo, que non tería nin a menor vacilación para lle dar o golpe de morte á expresión dun xeito de entender a vida, as nosas vidas; porque o galego non está morrendo, ao galego estano matando; máis iso tamén é obxecto doutros traballos.
Eu quixera deixar unha idea que sempre me arrodeou dende que son pai: a obriga absoluta que temos de lles legar a nosa lingua aos nosos fillos como un magnífico patrimonio; non como unha ensinanza máis, nin como un exemplo ou unha lenda; non como quen deixa algo de valor que conseguiu e mantivo con esforzo; moito máis ca iso: debemos deixarlles a lingua na seguridade de que ese é o elo que nos xunta con todo o que fomos e o que seremos como historia viva, temos que saber transmitir que a lingua é o pé firme que nos trouxo ata aquí, que non é mellor nin peor que outros pero que é o noso pé e é insubstituíble, e que ten que ser o mesmo que nos sosteña no vindeiro para non perdermos a nosa firmeza.
Ocórreseme que ese legado que reclamo non se entrega ao fin da vida, non se deixa nas partillas ni se lle conta á autoridade; ese legado entrégase día a día, minuto a minuto, con coidado certamente, e con moito esforzo, atención e esixencia; e ocórreseme tamén que esta ven sendo unha das razóns polas que o galego se perde, porque é difícil vivir en galego, é incómodo pelexar para vivir en galego, hai que estar disposto á dificultade permanente, ao traballo suplementario, á repetición constante das verbas que nos quere roubar esa falsa modernidade que nos venden os que so se dedican á venda e ao diñeiro.
O galego non está presente na vida triunfante dos nosos fillos e fillas, no que admiran e imitan, no que copian e respiran; pero se nós non mantemos unha posición activa a prol do seu dereito a recibir a lingua cada día terana menos presente, terán menos realidade en galego, percibirano como algo que non se axeita ao seu mundo, vivirán a lingua como algo superado, innecesario e inútil.
Por iso as nais, os pais, os docentes, todos os que tratamos coa infancia e coa xuventude, temos que defender o coñecemento e a herdanza da nosa expresión, do noso idioma, e temos que pelexar para que se poida vivir en galego; a súa supervivencia está na nosa loita diaria, en cada anaco de conversa que logremos que se escoite en galego, con cada unha das noticias, das preguntas, dos afagos e os agarimos que fagamos, na naturalidade da nosa fala no cotián, no orgullo profundo e poderoso con que solicitemos e presentemos a nosa presenza en galego nunha tenda, nunha aula, nunha rúa; cando falemos e cando escoitemos, cando pidamos e cando entreguemos.
E logo, por suposto, estará todo o que cada quen de nós por si propio non é quen de conseguir, e para o que fará falta dispor dunha acción conxunta e ordenada por aqueles a quen comandemos para ese fin, pero iso non reduce a nosa responsabilidade, a nosa obriga de parar este roubo do futuro.
Fernando Lacaci é o presidente da Federación Compostela

mércores, 26 de novembro de 2014

XOVES 27, VOTACIÓN PARA DESIGNAR REPRESENTANTES DE NAIS/PAIS DE ALUMN@S

Ola a todas e todos:
Como xa sabedes mañán é a votación para designar representantes de nais e pais no consello escolar. É moi importante que fagades un esforzo para ir votar. Xa sabedes que no censo figuran tanto a nai coma o pai, é por tanto podedes votar ambos.
¡¡¡ANÍMATE e PARTICIPA!!! a presenza das nais e pais nas decisións do IES é necesaria e importante.
A votación é no IES o xoves 27 de novembro de 5 a 7 da tarde

martes, 25 de novembro de 2014

INTERESANTE ACTIVIDADE DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

 A Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia organiza esta fin de semana, en colaboración co Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia,  unha actividade de divulgación científica, no marco da celebración do "Mes da ciencia".

A actividade titulada "Cambio climático. Experimentando con el CO2" vai dirixida a estudantes de 12 - 16 anos, e profesorado; e inclue a realización de 5 interesantes experimentos sobre o CO2 na nosa vida cotiá.

A asistencia a este obradoiro e gratis, previa inscripción na web da Cidade da Cultura:

https://www.cidadedacultura.org/es/evento/cambio-climatico-experimentando-con-el-co2

martes, 14 de outubro de 2014

Critican o oscurantismo sobre a nena que morreu ao tocar unha farola en Santiago


A Asociación de Nais e Pais de alumnas e alumnos do IES de Brión, ANPA PEDRA VIADA, e a Federación de ANPAS de Compostela convocan unha concentración en Compostela este martes para presionar ás administracións no esclarecemento do caso. Pensan que houbo oscurantismo e falta de información.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2014
  •  
  •  
  • menéame 
  • Chuzar 
  • Do Melhor 
  • Cabozo 
  • del.icio.us
Hai un mes morría Anna Nieto Lago, alumna do IES Brión, nun parque publico da cidade de Santiago ao agarrarse a unha farola pública durante as festas de Vite. Uns feitos polos que a Asociación de Nais e Pais de alumnas e alumnos do IES de Brión,  ANPA PEDRA VIADA, e a Federación de ANPAS de Compostela  denuncian a falta de información sobre este caso e amosan publicamente o seu apoio e solidariedade coa familia da moza falecida.
 
Por iso, e para esclarecer o acontecido, piden un informe detallado dos feitos que ocasionaron a morte da cativa. “Requírese  unha  explicación técnica detallada referida ás causas reais que provocaron a traxedia, na que se detalle tamén o dispositivo de seguridade asignado para a festa, así como a achega dos permisos necesarios para a celebración do evento e información  dos servizos médicos que se desprazaron ao lugar, detallando unidades, persoal cualificado, horarios ou dificultades coas que se encontraron para acceder ao lugar da traxedia”, apuntan  nun comunicado.
 
Tamén piden que se informen a cidadanía sobre o estado actual da iluminación das rúas e demais espazos públicos da cidade e  garantan o dereito a circular por eles sen medo a sufrir un accidente como o que lle custou a vida a Anna Nieto.
 
Ademais, reclaman “que velen polo cumprimento estrito da lei en materia de seguridade nos eventos que se organicen na cidade, así como a súa modificación se, coa investigación posta en marcha, se comprobase que é insuficiente”. Finalmente, reclaman que a familia e os seus representantes legais sexan informados puntualmente de todos os avances que se produzan na investigación.
 
Estes colectivos tamén esixen a “depuración de responsabilidades” de non aclararse estas peticións ou de demostrarse deficiencias no mantemento da iluminación ou falta de previsión nas normas de seguridade do evento.
 
Por iso, convocan á comunidade educativa da comarca de Compostela e a cidadanía en xeral a un acto público este martes ás 19 horas no parque Pablo Iglesias no barrio de Guadalupe en Santiago de Compostela para insistir nestas demandas.

luns, 13 de outubro de 2014

Padres de compañeros de la joven fallecida en Santiago por una descarga piden "información detallada" del accidente


La Asociación de Padres y Madres de Alumnos del IES de Brión y y la Federación de Anpas de Compostela han criticado la "falta de información" existente sobre las causas del accidente y "las medidas adoptadas para evitar que se repita"

SANTIAGO. E.P.  | 09.54h.
A- A+

La Asociación de Padres y Madres de Alumnos del IES de Brión, en el que estudiaba la joven fallecida en Santiago por la descarga producida por una farola, y la Federación de Anpas de Compostela, han pedido "información detallada" de las causas del accidente así como sobre el estado de la red eléctrica de Compostela. 

En un comunicado cuando está a punto de cumplirse un mes del fallecimiento de la joven, de 14 años, los padres de los compañeros de la víctima han criticado la "falta de información" existente sobre las causas del accidente y "las medidas adoptadas para evitar que se repita". 

Por ello, han pedido a las autoridades un "informe detallado" de los hechos que ocasionaron la muerte de la joven, del dispositivo de seguridad asignado para la fiesta en la que falleció, de los permisos otorgados y del personal sanitario y de emergencias que se desplazó al lugar, incluyendo las "dificultades que se encontraron para acceder al lugar de la tragedia". 

Al mismo tiempo, reclaman que se informe a la ciudadanía sobre el estado actual de la iluminación de las calles en la ciudad y se garantice "el derecho a circular por ellos sin miedo a sufrir un accidente" 

"De no aclararse los extremos expuestos o de demostrarse deficiencias en el mantenimiento de la iluminación o falta de previsión en las normas de seguridad del evento, reclamaremos la depuración de responsabilidades", han expresado. 

Finalmente, el Anpa ha convocado a la comunidad educativa de la comarca de Santiago y a la ciudadanía en general a un acto público en memoria de la joven fallecida, que tendrá lugar el martes 14 a las 19.00 horas en el Parque Pablo Iglesias.

xoves, 9 de outubro de 2014

CONCENTRACIÓN EN LEMBRANZA DA ALUMNA DO IES DE BRIÓN

MARTES, 14 OUTUBRO 19:00 horas


CONCENTRACIÓN
NO
PARQUE “PABLO IGLESIAS”
Do barrio da GUADALUPE
(Vite)
SANTIAGO
EN LEMBRANZA DA ALUMNA DO IES DE BRIÓN, CANDO SE CUMPRE UN MES DO SEU PASAMENTO, E DE APOIO Á SÚA FAMILIA.

Organiza: ANPA “Pedra Viada” do IES de Brión
Co apoio da Federación de ANPAS de Compostela


RESUMO DO QUE SE FALOU NA ASAMBLEA DA ANPA (Martes 7 de outubro)



  • Recordo de Anna Nieto; acordouse facer una concentración no lugar de Vite, ( sempre que a familia este de acordó) pedir permisos oportunos para facer esta concentración, de facerse comunicaremos día e hora.                                                                                                                             
  • Banco de libros: participaron 90 familias, (75 en xuño e 15 en setembro), aforraronse en compra de libros uns 22.500 € aproximadamente.                                                                                                    
  • Recorte de profesorado: O problema era que en 3º da ESO había 61 alumnos/as e o máximo legal por aula é de 30, motivo polo cal era necesario facer 3 terceiros, no último momento unha alumna douse de baixa no IES polo que pasaron a ser 60 alumnos en 3º ESO, entón fixeronse dous terceiros, o que é legal, pero o noso desacordo é pola masificación a que se ven sometidos os alumnos/as de terceiro ca conseguinte perda de calidade no ensino, reunímonos ca inspectora de educación, ( que moi amablemente nos atendeu) e manifestamoslle a nosa preocupación, pero comunicounos que por mor dos recortes “isto é o que hai”


  • En actividades extraescolares, iremos comunicando as que se vaian facer, pois como o instituto non abre polas tardes estamos condicionados polo que o Concello nos poida deixar usar.

domingo, 5 de outubro de 2014

Asemblea MARTES 7 de outubro ás 19:30

Prezadas/os nais e pais,

Dende a ANPA PEDRA VIADA do IES de Pedrouzos-Brión e co motivo do inicio do curso, convocamos unha asemblea con carácter ordinario para este MARTES 7 de outubro ás 19:30 na Sala de usos múltiples do IES.
ORDE DO DÍA

· Recordo de Anna Nieto, a nena do noso IES que faleceu recentemente en accidente.
· Informe do Banco de libros.
· Consecuencias dos recortes pola crise no noso IES: falta de profesorado e masificación nas aulas.
· Actividades que se van realizar durante o curso escolar.
· Rogos e preguntas.
Recibide un cordial saúdo da ANPA e LEMBRAR:
ASEMBLEA DA ANPA - PEDRA VIADA-
Martes 7 de outubro ás 7:30 na Sala de Usos Múltiples do IES.

Onde está o Goberno Galego cando se decide sobre educación ?

 (Federación de ANPAS 'Compostela')


Anda estes días a saír na prensa unha noticia desacougante: a publicación dun acordo bilateral entre o Goberno español e o Goberno vasco (http://www.lehendakaritza.ejgv.euskadi.net/r48-bopv2/es/bopv2/datos/2014/09/1404004a.shtml ) polo que se “pacta” a interpretación de varios preceptos da LOMCE, esa lei que ten a dubidosa honra de ser a lei educativa máis contestada da democracia.
O acordo acadado atinxe a diferentes aspectos da nova lei, pero fundamentalmente estamos a falar do dereito a regular integramente o ensino da propia lingua, sen que o Estado teña dereito a interferir nesa regulación toda vez que recoñece explicitamente que é competencia da administración educativa vasca; e tamén falamos do recoñecemento por parte do Goberno español do dereito que ten cada administración educativa a regular como se xestionan os Consellos Escolares, que xa non teñen porque ser consultivos segundo semellaba dispor a LOMCE, senón que terán a capacidade decisoria que lles outorgue cada unha das administracións titulares das competencias en educación.
E o desacougante desta noticia é a pregunta que nos facemos os galegos: E logo nós ?
Pois nós, coma case sempre, mirando cara a outro lado; deixando esvaerse entre os dedos toda a nosa capacidade legal, cun goberno que segue a non crer nun ensino galego e para os galegos, cuns dirixentes que fan seguidismo absoluto do que se fala na Administración Xeral do Estado; cunha normativa que quere ter como mérito o de ser idéntica á que se poida elaborar no outro extremo da península, e coa consolidación dun ataque á nosa lingua que ven dende o mesmo momento no que o actual goberno galego gañou as eleccións e pretendeu implantar aquel modelo “plurilingüista” que logo deitaron sentenzas e costumes.
Así, os nosos fillos e fillas, que poderían ter un ensino onde aprender a se compracer do propio para entendérense, que poderían gozar do privilexio de seren instruídos na propia lingua para que soubesen chamarlle polo seu nome ás súas realidades -que é o xeito de podermos logo comprender e compartir as realidades alleas-, terán novamente que estudar de acordo cunha lei que está edificada sobre outras culturas, outras realidades e outros xeitos de ver e de convivir. E iso tamén provoca parte dese fracaso escolar que a LOMCE di que ven a eliminar.
Pero é que ademais, este “Acordo” tamén recoñece que o País Vasco – e Galiza non ? – poderá ter Consellos Escolares democráticos porque van ser eles quen decidan cómo queren que sexan, como van organizar a presenza das familias na toma de decisións no ensino; mentres que nósnon temos ningunha noticia de que o noso goberno galego teña a intención de recoñecer, e lexislar en consecuencia, que as familias somos parte intocable da realidade educativa, e que a nosa presenza é tan necesaria e tan imprescindible como a da administración, o profesorado ou o alumnado.
Nós, as familias, sabemos que temos que ter voz na educación dos nosos fillos e fillas, somos a sociedade que defende xa non o dereito senón a obriga de estar presentes na construción do mundo no que van vivir os nosos descendentes, os que veñen detrás de nós; e elaborar ese mundo inclúe deseñar e definir, coas nosas opinións e cos nosos votos , cada un dos pasos dos que se compón a realidade educativa.
A Confederación ANPAS Galegas sempre rexeitou e rexeitamos a LOMCE, e sempre solicitamos  que a Xunta de Galicia debería interpor recurso diante do Tribunal Constitucional porque esta Lei está a invadir competencias que son da nosa Comunidade Autónoma; pero agora mesmo, dun xeito especial logo do coñecemento desta noticia, tamén reclamamos que o Noso goberno, o Galego, asegure xa un acordo como o que neste momento teñen no País Vasco, e que sexa dende aquí dende onde se lexisle o desenvolvemento dunha norma axeitada á nosa realidade, respectuosa e potenciadora da  nosa lingua e da nosa cultura, e que recupere valores democráticos no funcionamento dos centros escolares permanecéndonos ás  familias na presenza que ata o de agora tiñamos.

xoves, 2 de outubro de 2014

Número de conta

Este é o número de conta para os interesados en pagar a cuota da ANPA Pedra Viada do IES de Brión
ABANCA (Monte Balado): IBAN ES40 2080 0327 4330 4000 6678
Lembrade que son 10€ para o curso 2014/15 e que non vos deben cobrar ningunha comisión.

mércores, 11 de xuño de 2014

Listados de libros de texto para o vindeiro curso 2014/2015 (IES BRIÓN)

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA DE BRIÓN
Paseo de Pedrouzos, nº 3
15865-Brión-A Coruña
Tfno: 981-881817 Fax: 981-885899
e-mail: ies.brion@edu.xunta.es
url: http://edu.xunta.es/centros/iesbrion
-------------------------------------------------------------------
1º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014/2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Lingua castelá Lengua Castellana y
Literatura
Oxford 2012-Proyecto
Adarve- Serie Cota
978-84-673-5536-9

Francés Essentiel et plus 1 +
Cahier D´Exercices
Santillana 2011 978-84-96597-03-7


Ciencias da
Natureza
Anaya 2011 978-84-678-0046-3

Ciencias
Sociais
Novo Cabo Fisterra
(volume único)
Vicens Vives 2011 978-84-682-0131-3

Matemáticas J.Colera, I. Gaztelu
(3 volumes)
Anaya 2011 978-84-667-0597-4

Lingua Galega Lingua e Literatura
Galega
Xerais 2011 978-84-9914-217-3

Educ. Plástica e
Visual
Educación Plástica
e Visual
Serie Perfís
Santillana 2010 978-84-8224-977-3

Inglés English World ESO1
Students Book
Burlington 9789963484775

------------------------------------------------------------------------------------------------------------
2º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014/2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Lingua castelá Lengua y Literatura 2
(volume único)
Anaya 2012 978-84-678-2201-4

Francés Essentil et Plus 2 +
Cahier D’Exercices
Santillana 2011 978-84-92729-23-4

Ciencias da
Natureza
Ciencias da Natureza Anaya 2012 978-84-678-2376-9

Ciencias Sociais Novo Cabo Fisterra
(volume único)
Vicens Vives 2012 978-84-682-0926-5

Matemáticas J.Colera, I. Gaztelu
(3 volumes)
Anaya 2012 978-84-678-0223-8

Lingua Galega Lingua e Literatura
Galega
Xerais 2012 978-84-9914-359-0

Tecnoloxías Tecnologías I Oxford
Proyecto Adarve
978-84-673-5242-9

Inglés English World ESO2
Students Book
Burlington 9789963484867
------------------------------------------------------------------------------------------------------------

3º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014/2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Física e
Química
Física y Química Oxford - Proyecto
Adarve
978-84-673-5344-0

Lingua castelá Lengua Castellana y
Literatura 3
(volume único)
Oxford 2010
-Proyecto Adarve-
Serie Cota
978-84-673-5564-2

Francés Essentiel et Plus 3 +
Cahier D’Exercices
Santillana 2010 978-84-92729-26-5

Bioloxía e
Xeoloxía
Bioloxía e Xeoloxía Anaya 2011 978-84-678-0051-7

Ciencias
Sociais
Novo Cabo Fisterra
(volume único)
Vicens Vives 2011 978-84-682-0365-2

Matemáticas Matemáticas-Pitágoras
(Vizmanos, Anzola,
Bellón, Hervás)
SM 2010 978-84-675-3991-2

Lingua Galega
e Literatura
Lingua e Literatura
Galega
Xerais 2011 97884-9914-218-0

Educación
Plástica e
Visual
Ed. Plástica e Visual.
Serie Perfís
Santillana. 2010 978-84-8224-982-7

Tecnoloxías Tecnologías II Oxford - Proyecto
Adarve
978-84-673-5352-5

Inglés
English World - ESO3
Students Book
+
Workbook
Burlington 9789963484959
9789963484966
----------------------------------------------------------------------------------------------------

4º ESO - LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014/2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Física e Química Física y Química Oxford
Proyecto Adarve
978-84-673-7018-8

Lingua Castelá e
Literatura
Lengua y Literatura 4
(volume único)
Anaya.2012 978-84-678-2401-8

Francés Essentiel Et Plus 4 +
Cahier D’Exercices
Santillana 2010 978-84-92729-29-6

Bioloxía e
Xeoloxía
Bioloxía e Xeoloxía 4 Anaya 2012 978-84-678-2603-6

Ciencias Sociais Novo Cabo Fisterra
(volume único)
Vicens Vives 2012 978-84-682-0810-7

Matemáticas Matemáticas-Pitágoras
(Vizmanos, Alcaide,
Serrano, Moreno)
SM 2011 978-84-675-4845-7

Lingua Galega e
Literatura
Lingua e Literatura
Galega
Xerais 2012 97884-9914-378-1

Tecnoloxías Tecnología 4º ESO Oxford
Proyecto Adarve
978-84-673-5769-1

Inglés
English World - ESO4
Students Book
+
Workbook
Burlington 9789963485048
9789963485055
------------------------------------------------------------------------------------------------------------

1º BACHARELATO – LIBROS DE TEXTO - CURSO 2014-2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Física e Química Física y Química
Bachillerato 1
Anaya 2008 978-84-667-7307-2

Lingua Castelá Lengua y Literatura Anaya 2008 978-84-667-7772-8

Francés Metro Saint-Michel1 +
Cahier D’Exercices
Santillana 2010 978-84-96597-42-6

Bioloxía e
Xeoloxía
Bioloxía e Xeoloxía 1
Bacharelato
Santillana 2008 978-84-8224-833-2

Hª Mundo
Contenporáneo
Historia Mundo
Contemporáneo
Vicens Vives 2008 978-84-316-8945-2

Lingua Galega Lingua Galega e
Literatura
Anaya 2008 978-84-667-7359-1

Debuxo Técnico Debuxo Técnico I Rodeira – Edebé 2003 84-8116-901-3

Inglés Over to you 1
Students Book
+
Workbook
Oxford
9780194326681
9780194327077

Tecnología
Industrial I
Tecnología Industrial I Editorial Mc Graw
-Hill/2012
978-84-481-8057-7
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

2º BACHARELATO – LIBROS DE TEXTO- CURSO 2014-2015
MATERIA TEXTO EDITORIAL / ANO ISBN
Física Física Bachillerato 2 Anaya 2009 978-84-667-8263-0

Química Química Bachillerato 2 Anaya 2009 976-84-667-8267-8

Lingua Castelá
e Literatura
Lengua y Literatura Anaya 2009 978-84-667-8246-3

Francés Métro Saint Michel 2 +
Cahier D’Exercices
Santillana 2010 978-84-96597-42-6

Bioloxía Bioloxía 2 Santillana 2009 978-84-8224-871-4

Historia de
España
Historia de España
(recomendado)
Vicens Vives 2009 84-316-9259-9

Historia da Arte Historia da Arte
(recomendado)
Vicens Vives 2009 978-84-316-6924-9

Xeografía Xeografía
(recomendado)
Anaya 978-84-678-1078-3

Lingua Galega e
Literatura
Lingua Galega e
Literatura
Anaya 2009 978-84-667-8307-1

Debuxo Técnico Debuxo Técnico II Rodeira-Edebé 2003 84-8116-903-X

Tecnoloxía
Industrial
Tecnología Industrial II McGraw -Hill 8448198697

Inglés Over to you 2
Students Book
Oxford 9780194326766
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

CHARLA DA ORIENTADORA

Ola a tod@!
 
O día 17 de xuño as 7 da tarde no IES de Brión, terá lugar unha charla da orientadora. Esta charla vai ser explicativa dos itinerarios que poden seguir os alumnos despois de rematar 4º de ESO. Esperanza enviou xa unha carta comentando todo isto, que chegará nestes días. A charla en principio vai dirixida aos pais e nais dos alumnos de 4º, pero estará aberta para tod@ aqueles que queiran estar ao día dos cambios da nova lei. De todos os xeitos, no mes de setembro haberá unha charla de carácter xeral para as nais e pais de todos os cursos da ESO.
 

Grazas e saúdos

sábado, 7 de xuño de 2014

AVISO IMPORTANTE: BANCO DE LIBROS


Estimadas familias:
A ANPA vai poñer en marcha novamente, o BANCO DE LIBROS para poder desfrutalo no curso 2014-2015. A finalidade é que a maior parte das familias entreguedes os libros utilizados no actual curso polos vosos fillos e fillas, é dicir todos aqueles que xa non van precisar no seguinte, e a cambio poder recibir ao menos parte dos libros do próximo curso de xeito gratuíto.
Con esta iniciativa preténdese beneficiar ao maior número de familias cun aforro importante de cartos, pero para isto precisamos da colaboración de todos.
O banco de libros é un intercambio que se realiza coa xenerosidade de todos. Cantos máis alumnos cedan os libros que utilizaron no curso, máis libros poderán ser entregados aos alumnos que o ano que ven fagan ese curso. Poñamos un exemplo: se eu acabo de rematar 3º de ESO e entrego os meus libros vanse beneficiar os alumnos de 2º de ESO, pero ademáis recibo a cambio libros de 4º de ESO, trátase de unha cadea solidaria.
A recollida de libros vaise realizar no IES de Brión:
Día 25 e 26 de xuño pola mañá en horario de 10 a 2 nos locais da ANPA(son os días de recollida das notas, un día moi axeitado para entregalos).
Día 30 de xuño pola mañán de 10 a 1 e pola tarde de 4 ás 6.
As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (débense entregar enteiros e limpos: borrados, con typex…e non se aceptarán os que veñan en malas condicións) e darásevos un recibo xustificativo.
Na primeira semana de xullo (concretaremos as datas nos día da recollida) faremos a entrega dos libros, do próximo curso, para as persoas que participen no intercambio e no mesmo horario da recollida. Esta entrega será proporcional pero non necesariamente equivalente, pois sempre dependerá do que se consiga recoller no curso precedente.
No mes de setembro avisaremos dos días de recollida de libros para todos aqueles alumnos con materias pendentes.
Por último aquelas persoas que teñan dificultades para entregar os libros nas datas previstas, poderán facelo ata o 30 de xuño concertando a entrega a través do teléfono 699364560. Os que queiran participar nas tarefas de recollida poden anotarse a través deste teléfono. Agradecemos esta axuda.

Recordamos unha vez máis a importancia desta iniciativa e pedimos a colaboración coa ANPA de todos os interesados, a fin de levar a cabo este proxecto en beneficio de tódolos alumnos do IES de Brión.


ACTIVIDADES DE VERÁN: NOVAS TECNOLOXÍAS Á CARTA ~ mocidade e voluntariado de Brion

ACTIVIDADES DE VERÁN: NOVAS TECNOLOXÍAS Á CARTA ~ mocidade e voluntariado de Brion

ACTIVIDADES DE VERÁN: CAMPAMENTO DE VERÁN ~ mocidade e voluntariado de Brion

ACTIVIDADES DE VERÁN: CAMPAMENTO DE VERÁN ~ mocidade e voluntariado de Brion

luns, 5 de maio de 2014

Estimadas nais e pais:



Hai data para o próximo encontro.De novo insistimos na vosa participación. Sabemos das dificultades para poder buscar un oco nas vosas axendas, pero a experiencia ben o merece. e será positiva para todas e todos. A charla tera lugar:



Martes, 13 de maio de 2014

18:30

“Ao encontro da emoción. Educar con dúas orellas e un corazón”
IES DE BRIÓN



Por outra banda, seguimos coa organización do Banco de Libros. Iremos dando información sobre o tema en próximas datas.
Un saúdo

xoves, 1 de maio de 2014


Artigo novo en Federación de ANPAS 'Compostela' O proxecto experimental de Educación Dixital: un modelo de improvisación, un investimento en propaganda.

      O proxecto experimental de Educación Dixital: un modelo de improvisación, un investimento en propaganda.

1 Maio, 2014



ordenador

O día 30 de abril publicouse no DOGa RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.
Obviamente a publicación desta orde e a súa extra-publicitación nos medios busca o noso aplauso, o das Anpas, ante a aposta pola modernización das aulas dos centros públicos.
Lemos, pois, con interese a convocatoria e que atopamos?
             1. Improvisación.
 Non se pode cualificar doutra maneira un proxecto que se lanza con estas datas. Un mes, do 30 de abril ao 30 de maio para elaborar un proxecto docente de todo un curso que implique non só aos titores ou titoras do curso senón tamén ao profesorado especialista (Música e Inglés). Ademais para un curso, 5º de Primaria, do que a día de hoxe se descoñece o curriculum (o programa detallado das materias) porque é un dos que cambia coa implantación da LOMCE.
Finalmente a resolución definitiva producirase a principios de xullo. Por fortuna,a consellería amosa a súa magnanimidade e condescendencia e introduce a seguinte prerrogativa:
A selección do centro para participar no proxecto Educación Dixital pode dar lugar a cambio dos libros de texto segundo o punto 2 da Orde do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares”
 Así pois é posible que ata o mes de xullo as familias non saiban se  o alumnado precisará libros de texto o próximo curso.
Non entra isto en contradición coas continuas afirmacións de apoio e impulso aos bancos de libros, que tanto parecen gustarlle á consellería como alternativa á máis lóxica, xusta e económica gratuidade a través do suprimido sistema de préstamo universal?

  1. Deixación de funcións.
 A maior deficiencia do programa Abalar foi que se pensou unicamente na dotación material dos centros mentres que a formación do profesorado se considerou algo secundario, cando en realidade era o elemento fundamental para garantir o éxito do programa.
Esa falta de formación tanto metodolóxica como tecnolóxica é patente en moitos centros “Abalar” onde o material informático está  a ser infrautilizado ou onde vemos atónitos como o grupo A sigue un método de ensino totalmente renovado mentres o grupo B desenvolve os seus días nunha aula do século pasado.
fenda
Hai nesta convocatoria algún plan elaborado para abordar a formación do profesorado?
Non imos dicir que non se mencione. Pero obviamente non hai un plan trazado para superar as eivas de formación tecnolóxica, senón que os únicos candidatos son persoas que xa teñen formación e experiencia.
Non sería mellor trazar un plan de formación a longo prazo que garantise que ao cabo dun tempo todo o profesorado tivese a capacidade para acceder á continua formación tecnolóxica que é imprescindible nestes tempos para evitar que vaian quedando cada vez máis atrás fronte a un alumnado que chega as aulas amplamente “dixitalizado”?

  1. Falta dunha planificación a medio-longo prazo.
 Este é o percorrido do proxecto tal e como se nos presenta:
 – Curso 2014/15: 5º de educación primaria.
– Curso 2015/16: 5º e 6º de educación primaria. Durante este curso o centro poderá solicitar a continuidade no programa.
– Curso 2016/17: 6º de educación primaria. Se o centro solicitou a continuidade e conta cun informe favorable darase continuidade aos grupos de 5º curso.
A evolución que prevé a convocatoria nin sequera contempla unha continuidade mínima, de maneira que é posible que no curso 2016-17,  5º xa non entre no proxecto. Tanto fogo de artificio, tantos cartos para algo que pode rematar aí. Dependerá o futuro,entón, de que esas persoas hiperformadas (os coordinadores do proxecto no centro), merlos brancos do sistema, decidan continuar a facerse cargo de proxecto?

                       4. Discriminación de centros e alumnado.
 Consideramos que é obriga da consellería garantir unha rede de centros públicos homoxénea en canto a dotación e calidade do ensino. Este plan, sen embargo, vén agrandar as diferenzas que xa existen. Por exemplo, un dos requisitos esixidos aos centros solicitantes é:
“O centro deberá contar cunha conexión de datos cunha velocidade nominal mínima de baixada de 2 Mbps
Obviamente isto supón beneficiar aos centros urbanos fronte aos centros rurais, que habitualmente sofren de problemas de acceso á rede.
Outro exemplo:
“O proxecto diríxese aos centros que están na Rede Abalar, centros cunha cultura dixital afianzada como parte do seu proxecto de centro”
 Seguimos a estabelecer diferenzas na mesma liña que apuntabamos no apartado anterior.Quen xa ten unha cultura dixital afianzada, recibe apoio para afianzala máis. Quen non a tén segue sen desenvolvela.
blog69img02

Outro punto que esperta a nosa preocupación é o das tarefas escolares para casa. Este é un problema que quedaba sen resolver no proxecto Abalar. Que ocorre co alumnado que non dispón de conexión a internet na casa? Que pasará coas súas tarefas escolares?
É este un tema que leva anos a levantar polémicas e controversias periódicas que só se agravará aínda máis no momento en que o material en papel desapareza por completo. Hai algo previsto neste senso?
E que ocorre coa atención ás necesidades educativas especiais: están previstos mecanismos de accesibilidade para persoas con diversidade funcional sensorial, motora ou intelectual?

  1. Malgasto irresponsable de fondos públicos
 Neste apartado falaremos só de cifras, que son abondo elocuentes:
  •  Investimento: 5.896.859,50 € sen IVE.
  • Alumnado beneficiado este próximo curso: 2500 alumnos /as.
Esixímoslle á administración que o uso dos fondos dispoñibles se faga co máximo rigor, visión de futuro e planificación seria.
Os cartos que veñen de Europa para mellorar a educación deben usarse para beneficiar ao maior número de alumnos /as posible e para iniciar proxectos que perduren no tempo e non para financiar tracas de festa coas que deslumbrar á opinión pública.

  1. Distorsión da realidade.
 É o que atopamos nesta afirmación, unha das que encabeza a convocatoria:
“A incorporación das TIC á educación, en xeral, e aos procesos ensino-aprendizaxe, en particular, é xa unha realidade en Galicia e móstrase como unha peza fundamental para producir o cambio metodolóxico que leve a conseguir o obxectivo dunha mellor calidade educativa”.
A Consellería pode dicir, se quere que “a incorporación das TIC a educación é unha realidade” e as familias podemos dicir que É FALSO, a non ser que por “realidade educativa” se entenda a esa minoría de profesorado que co seu voluntarismo e esforzo conseguiu constituír unha comunidade virtual para compartir coñecementos e materiais e loita para superar as carencias materiais e de mantemento dos centros para facer das TIC unha ferramenta cotiá no seu traballo de aula.
Por outra parte, e por moito que a consellería intente convencernos do contrario, o uso das TIC e o cambio metodolóxico non son e mesmo. É certo que moitas veces van da man e son complementarios. Pero, como sabe calquera persoa con formación en tecnoloxías e en didáctica, o desembolso en ordenadores, libros electrónicos e plataformas dixitais non garante o cambio de metodoloxía; da mesma maneira que a falta de orzamentos para a dotación tecnolóxica non pode servir de escusa para non acometer o cambio metodolóxico a través dunha sólida e planificada formación didáctica do profesorado.
metodoloxía
Tecnoloxía e metodoloxía son dous elementos diferentes que deben ser abordados separadamente.

  1. Propaganda e cantos de serea.
 En definitiva: non podemos ocultar a enorme decepción que supón ler polo miúdo esta convocatoria.
Nin sequera nun momento tan duro economicamente como este, a actual consellería de Educación é quen de amosar a cordura de aproveitar uns fondos do plan Feder para iniciar un proxecto serio, ben planificado, cuns prazos realistas e que abranga os aspectos que máis deberían preocupar á administración educativa:
  • Consolidar a formación didáctica e tecnolóxica de todo o profesorado
  • Dotar tecnoloxicamente  todos os centros
  • Manter unha plataforma para que o profesorado cree e comparta material
  • Garantir o acceso do alumnado á rede fora de horario lectivo
  • E a través destas accións: camiñar cara a eliminación definitiva dos libros de texto.
Para conseguilo necesitamos unha planificación a curto, medio e longo prazo e non fogos de artificio e paus de cego que só nos deixan un irresponsable malgasto de fondos públicos.

mércores, 30 de abril de 2014

Curso de programación (scratch)

Do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) cheganos esta interesante proposta, dun curso GRATUÍTO para rapazas e rapaces de 10 a 14 anos.

Prezados representantes da Confederación de Anpas de Santiago de Compostela:

Diríxome a Vdes. en calidade de presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para informalos da organización dun curso de programación (scratch) dirixido a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos de idade. Pregámoslles nos axuden á difusión deste obradoiro, cuxo período de matrícula remata nos vindeiros días.

O scratch axuda a pensar creativamente, a razoar e a traballar en colaboración. O curso desenvolverase nas tardes dos martes e os xoves do vindeiro mes de maio -entre as 18:30 e as 20:00- nas instalacións da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñaría, USC), a partir do vindeiro día 6.

A matrícula do curso é de balde, e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición. As prazas, 15 en total, concederanse por rigorosa orde de inscrición, no correo electrónico informacion@cpeig.org.

Máis información: http://www.cpeig.org/portal/node/2090

Atentamente,

Fernando Suárez Lorenzo
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
Presidente



Rúa Fernando III O Santo 13 1ºA
15701 Santiago de Compostela
Tel: 981 592 773 - Fax: 981 553 997
Móbil: 655452117
presidente@cpeig.org
www.cpeig.org