sábado, 7 de xuño de 2014

AVISO IMPORTANTE: BANCO DE LIBROS


Estimadas familias:
A ANPA vai poñer en marcha novamente, o BANCO DE LIBROS para poder desfrutalo no curso 2014-2015. A finalidade é que a maior parte das familias entreguedes os libros utilizados no actual curso polos vosos fillos e fillas, é dicir todos aqueles que xa non van precisar no seguinte, e a cambio poder recibir ao menos parte dos libros do próximo curso de xeito gratuíto.
Con esta iniciativa preténdese beneficiar ao maior número de familias cun aforro importante de cartos, pero para isto precisamos da colaboración de todos.
O banco de libros é un intercambio que se realiza coa xenerosidade de todos. Cantos máis alumnos cedan os libros que utilizaron no curso, máis libros poderán ser entregados aos alumnos que o ano que ven fagan ese curso. Poñamos un exemplo: se eu acabo de rematar 3º de ESO e entrego os meus libros vanse beneficiar os alumnos de 2º de ESO, pero ademáis recibo a cambio libros de 4º de ESO, trátase de unha cadea solidaria.
A recollida de libros vaise realizar no IES de Brión:
Día 25 e 26 de xuño pola mañá en horario de 10 a 2 nos locais da ANPA(son os días de recollida das notas, un día moi axeitado para entregalos).
Día 30 de xuño pola mañán de 10 a 1 e pola tarde de 4 ás 6.
As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (débense entregar enteiros e limpos: borrados, con typex…e non se aceptarán os que veñan en malas condicións) e darásevos un recibo xustificativo.
Na primeira semana de xullo (concretaremos as datas nos día da recollida) faremos a entrega dos libros, do próximo curso, para as persoas que participen no intercambio e no mesmo horario da recollida. Esta entrega será proporcional pero non necesariamente equivalente, pois sempre dependerá do que se consiga recoller no curso precedente.
No mes de setembro avisaremos dos días de recollida de libros para todos aqueles alumnos con materias pendentes.
Por último aquelas persoas que teñan dificultades para entregar os libros nas datas previstas, poderán facelo ata o 30 de xuño concertando a entrega a través do teléfono 699364560. Os que queiran participar nas tarefas de recollida poden anotarse a través deste teléfono. Agradecemos esta axuda.

Recordamos unha vez máis a importancia desta iniciativa e pedimos a colaboración coa ANPA de todos os interesados, a fin de levar a cabo este proxecto en beneficio de tódolos alumnos do IES de Brión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario