Ola a tod@!
O día 17 de xuño as 7 da tarde no IES de Brión, terá lugar unha
charla da orientadora. Esta charla vai ser explicativa dos itinerarios
que poden seguir os alumnos despois de rematar 4º de ESO. Esperanza
enviou xa unha carta comentando todo isto, que chegará nestes días. A
charla en principio vai dirixida aos pais e nais dos alumnos de 4º, pero
estará aberta para tod@ aqueles que queiran estar ao día dos cambios da
nova lei. De todos os xeitos, no mes de setembro haberá unha charla de
carácter xeral para as nais e pais de todos os cursos da ESO.
Grazas e saúdos
Ningún comentario:
Publicar un comentario